En Galego, agora e sempre 2008

    En galego,agora e sempre

    En Galicia existen máis de 3.750 cemiterios. Tantos como parroquias. A estes hai que engadirlle os de titularidade municipal, que son os grandes tanto en extensión como en sepulturas e nichos: Boisaca (Santiago de Compostela), Pereiró e Teis (Vigo), San Amaro (A Coruña)… Todos eles reflicten unha realidade equivoca da nosa identidade cultural. Tamén os medios de comunicación, medios nos que habitualmente se publican as esquelas dos 30.000 falecidos anualmente en Galicia, non din a verdade expresada polo Mapa Sociolingüístico de Galicia.  Esta distorsión lingüística ten fondas e coñecidas raíces. Os cemiterios galegos “as parroquias dos mortos” convivén coa parroquia dos vivos. Mentres nestas últimas a meirande parte dos seus moradores teñen como lingua propia a galega, unha vez falecidos son “obrigados” a perviviren na memoria dos vivos nunha lingua distinta, o castelán. Os datos son relevadores: só un 3% das esquelas aparecen publicadas en galego. E unha de cada mil lápidas mortuoridas rezan na lingua do que alí está soterrado. As razóns que xustifican esta distorsión están na historia: a Igrexa, primeiro, e nas empresas mortuorias, actualmente. A estas circunstancias determinantes hai que llles engadir outra: o hábito lingüístico do pobo galego, levado por un atávico costume que hai que corrixir. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística emprendeu no ano 2007 algunhas iniciativas para modificar esta situación. A proposta foi dirixida a varios concellos galegos: Castro Caldelas, Cartelle, Vilalba, Calvos de Randín, Mondariz, Vilagarcia, Redondela… que a recibiron e adoptaron como propia, facendo posible, dese xeito,  que se inaugurase un novo ciclo que terá que ter continuidade nos próximos anos. Esta proposta deu lugar a que en varios concellos se rehabilitase a memoria de persoeiros que estaban soterrados nunha lingua que non fóra a súa. Na a campaña levada a cabo no 2008 “En galego, agora e sempre” en colaboración cos concellos de Vigo, Vilagarcia, Santiago, A Estrada, Redondela, O Grove, Pontevedra, Castro Caldelas, Cangas, Cartelle, Outes, Pazos de Borbén, Calvos de Randín etc… se editaron 12.000 libros de mandas testamentarias así como 5000 trípticos para a súa distribución nos concellos nos que persoas das distintas localidades que integraron a campaña fixeron a súa manda testamentaria en galego, buscando a transmisión xeracional da lingua galega.

    Previous articleColleita 2008, Máis Galega
    Next articleEn galego, agora e sempre 2009

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here