DEIXA EN HERDANZA A TÚA LINGUA

    En galego,agora e sempre

    Houbo tempos –séculos atrás- que era frecuente encontrar nos protocolos notariais mandas testamentarias. Nelas o testador impúñalles aos herdeiros obrigas de carácter piadoso, por regra xeral. Case todas elas referidas ás crenzas relixiosas imperantes na sociedade: celebración de cabodanos, construción de cruceiros ou hermidas cunha advocación conreta… Desta maneira foise consolidando xeración tras xeración o respeto e fomento dunha cultura relixiosa. Certo é tamén que había outras moitas cargas para os herdeiros como por exemplo “dar unha pitança o día festa” aos criados. Nun comezo eses protocolos notariais estaban escritos en galego.Tempo despois, a partir do século XVI, foron reemprazados pola prosa notarial en castelán.
    A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, vén publicando unha colección de libros titulados “En galego,agora e sempre”, que recollen modelos de mandas testamentarias nas que se lles encomenda aos beneficiarios testamentais a defensa do patrimonio cultural e lingüístico, como un legado inmaterial que deben conservar no futuro. Bos exemplos para que retomemos aquel vello costume de incluír neles mandas específicas con esta nova orientación.
    Previous articleSe sentes Galicia, consume do noso
    Next articleEU DECLARO EN GALEGO. POR DEREITO!