O Nadal son festas de celebración coa familia, cos amigos, no entorno do traballo, etc. un tempo marcado polo consumo de produtos agroalimentarios e de agasallo. Como consumidoras e consumidores conscientes coa realidade do país deberiamos, se é posible, apoiar aos produtores e produtoras que apostan pola calidade con identidade galega utilizando a lingua na etiquetaxe e publicidade dos seus produtos. Facelo é un xeito de apoiar a nosa economía, o sector produtivo galego e tamén de afortalar o uso da nosa lingua como sinal de calidade e garantía de orixe.
Porque consumir e agasallar en galego é facer país!