Colleita 2008, Máis Galega

    Colleita 2008, Máis Galega
    Colleita 2008, Máis Galega

    A nova guía “A FALA DOS VIÑOS 2008: antoloxía de viños e licores etiquetados en galego”  relaciona os viños e licores galegos que hoxe utilizan o noso idioma na etiquetaxe cunha clara información, tanto visual como detallada, da adega, das castes de viño e dos tipos de licores que se elaboran no país así como calquera outra necesaria para a súa utilización. Este libro foi enviado a todos e cada un dos organismos oficiais de Galicia que son susceptibles de organizar eventos, presentacións, etc… así como aos restaurantes, concellos, adegas, viñotecas, grandes superficies,  etc… coa finalidade de provocar a utilización dos nosos produtos de calidade.

    A accións desenvoltas no ano 2008 no sector empresarial do viño estiveron encamiñadas, todas elas, á aplicación do Plan Xeral de Normalización Lingüística no sector da empresa así como á promoción e defensa dos nosos produtos  de calidade, tendo como denominador común incorporar a lingua á etiquetaxe e difusión promocional dos mesmos.

    A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia vén,  desde hai anos, realizando un exhaustivo traballo de galeguización de sectores empresariais en Galicia. O que agora nos ocupa é o da  galeguización do sector vinícola que desde hai 5 anos (2003/2008) pasou de ter 15 adegas galeguizadas ao nada desprezable número de 125 adegas entre as 5 denominacións de orixe. Como mostra cómpre citar as porcentaxes nas que nos movemos:

    ANO/PERIODO

    DETALLE

    ADEGAS GALEGUIZADAS

    PORCENTAXE

    2003

    Iniciase o traballo no sector do viño animando aos produtores e colleiteiros á utilización da nosa lingua na etiquetaxe dos seus viños.

    15

    3,4%

    2004/2005

    Despois de incidir no sector conseguese unha grande aceptación da nosa mensaxe

    58

    13,18%

    2006/2007

    Continuando co noso labor de apoio e incentivación do uso do galego na etiquetaxe dos viños, consiguese que utilicen a nosa lingua

    105

    23,86%

    2008

    Seguindo co labor de provocar adhesións no eido do sector vinícola, conseguimos

    125

    23,86%

    Colleita 2008, Máis Galega
    Colleita 2008, Máis Galega

    Pode observarse claramente a progresión de galeguización que se leva feito no sector. Esta progresión supón, por unha banda, a posibilidade de galeguización da economía de Galicia (o viño representa o 11% do PIB galego), que terá, por forza, efectos colaterais noutros sectores nos que aínda aniñan os prexuízos lingüísticos. Esa eclosión contaxiosa afectará aos sectores máis próximos, nomeadamente o sector agroalimentario.

    A campaña publicitaria levada a cabo na prensa escrita o día 16.12.08 “Deixa que o viño fale: escolle un viño etiquetado en galego” volveu incidir sobre a sociedade para incentivar ao consumo de viño galego de calidade etiquetado na nosa lingua nas festas ou celebracións familiares, institucionais, etc… o texto expresa, dun xeito condensado e explícito, todo o que a Asociación de Funcionarios pretende resaltar: ORIXE-CALIDADE-LINGUA. O anuncio publicitouse nos seguintes medios:

    1. La Voz de Galicia – edición xeral
    2. El Faro de Vigo – edición xeral
    3. El Progreso
    4. La Región
    5. Atlántico Diario
    6. Diario de Pontevedra
    7. El Correo Gallego
    8. Xornal Galicia

    Independentemente dos anuncios en prensa, a Asociación foi quen de poñer en circulación o anuncio DEIXA QUE O VIÑO FALE na rede chegando a máis de 3000 correos electrónicos, páxinas web, blogs, etc…dando a coñecer a campaña e provocando debate nos participantes que fai que se estenda a mensaxe que se pretende (ex. “As uvas na solaina” “reidecopas.blogspot” “Galicia-Hoxe.com” “Galicia confidencial” “Ilustrísima” da Asoc. Carlos Casares, “Igadi” “Consello da Cultura” etc…) facendo que éste teña un efecto multiplicador e chegue a moitísimas máis persoas que pola prensa cotiá. De igual xeito, fomos quen de poñernos en contacto con moitísimos escritores que fixeron artigos de opinión nos distintos medios.

    Previous articleSeminarios Lei Política Lingüística
    Next articleEn Galego, agora e sempre 2008

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here