
“RECUPERACIÓN DO MEDIO RURAL”
No mes setembro do ano 2005 levouse a cabo un segundo curso en colaboración coa Universidade de Vigo -campus de Ourense- sobre “A RECUPERACIÓN DO MEDIO RURAL” no que participaron máis de 70 alumnos da Universidade de Vigo.
En Galicia, o medio rural significa algo máis que o espazo no que se asenta o sector productivo agrario. Temos o reto de conquerir que un sector importante da poboación galega viva con dignidade no medio rural, frenar o proceso de envellecemento e o abandono do mercado rural histórico. Ademais, o rural en Galicia é un espazo sociolóxico, educativo e cultural. Por iso a Facultade de CC. da Educación e a Asociación Álvaro das Casas queren presentar este curso interdisciplinar que agardamos sexa do voso interese. Plantexámonos como obxectivos:
Achegarnos a distintos sectores dinámicos da historia do mundo rural, como son o movemento agrario, as propostas educativas e a memoria colectiva.
Debater as alternativas para o mundo rural que seformula dende sectores intelectuais, políticos e sindicais.
Analizar a relación existente entre medio rural e a perspectiva ecolóxica, cun exemplo estratéxico como é a Lagoa de Antela.
Programa
21 DE SETEMBRO DE 2005 (Casa Cultura do Carballiño)
9,30h. Acreditación e recollida de documentación
10.00h. Inauguración
10,30h. A propiedade da terra en Galicia Ramón Villares Paz. Universidade de Santiago. Presenta: Luis García Mañá . Xefe Superior de Policía e escritor
12.00h. As sociedades agrarias e o cambio rural no 1º tercio de século XX Raúl Soutelo. Profesor de Ensino Medio e Historiador. Presenta: Luis García Mañá . Xefe Superior de Policía e escritor
16.00h. Visita a Moldes (Boborás): Casa Losada Diéguez
17.00h. “Resposta a unha necesidade escolar do rural . Os mestres de ferrado.” Narciso de Gabriel. Universidade de Coruña Presenta: Xosé Manuel Cid Fernández. Decano da Fac. de Educación Ourense
18.30h. “Por unha escola adaptada ao medio rural. Pasado, presente e futuro.” Antón Costa Rico. Universidade de Santiago. Presenta: Xosé Manuel Cid Fernández. Decano da Fac. de Educación Ourense
22 DE SETEMBRO DE 2005 (Vilar de Santos)
09.00h. Saída para o Museo da Limia (Vilar de Santos)
09.45h. “O rural na memoria” Clodio González Pérez. Etnógrafo Presenta: Xan Rúa Prieto. Notario no Carballiño
11,00h. Descanso
11,30h. “A musealización do patrimonio rural” Xosé Carlos Sierra. Director do Museo Etnolóxico de Ribadavia Presenta: Carmen Vaquero Pérez. Secretaria Asociación Álvaro das Casas.
12,45h. “O Museo da Limia” Xan Xosé Jardón Pedras. Historiador Presenta: Carmen Vaquero Pérez.
16,00h. “A realidade rural e propostas de futuro” Lois Blanco e Xoan A. Soler. Xornalistas Presenta: Xosé Antonio Jardón Dacal. Delegado provincial da Consellería de Traballo e Industria
18,00h. “A administración e o desenvolvemento rural” Mesa redonda con representantes de partidos políticos Presenta: Avelino Muleiro. Presidente Asoc. Álvaro das Casas
19,30h. “Ecosistema e desenvolvemento agrario. O caso da lagoa de Antela” Xosé Benito Reza. Director Xeral na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Presenta: Antonio Piña. Maxistrado do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº. 3 de Ourense
23 DE SETEMBRO DE 2005 (Ribadavia)
10,30h. “Mercados, prezos e producción agrícola” Eliseo Míguelez Díaz. Técnico da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural Presenta: Francisco Nóvoa González. Director Grupo Academia Postal
11,30h. “O futuro de dous sectores clave: lácteo e vitivinícola” Xosé Turnes Pardes – Técnico Agrícola- e Xosé Carballido Presas. Director Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias Presenta: Luis Doval. Xuíz no Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción do Carballiño
12,30h. “A economía agraria vista polos seus protagonistas” Mesa redonda con representantes de sindicatos agrarios Presenta: Xosé González Martínez. Presidente da Fundación Premios da Crítica.