Con nutrida representanción de autoridades e público, celebrouse na igrexa de Santiago o acto de investidura dos novos Xuíces Honorarios, que recibiron cadanseus atributos -bastón, copia da chave do arcón e diploma-. A benvida do presidente da Asociación foi seguida das intervencións dos novos galardoados que agradeceron o nomeamento que os honra e avencella co territorio histórico do Couto Mixto.