Xuices Honorarios 2013

    Como vén sendo costume no protocolo dos actos convocados pola Asociación de Amigos do Couto Mixto, a comitiva formada polos novos xuíces honorarios e autoridades iniciou o camiño cara a igrexa acompañado por un grupo de gaitas. Xa no adro, fíxose a ofrenda no monumento que representa o derradeiro Xuíz do Couto Mixto, Delfín Modesto Brandón. A seguir desenvolveuse o programa no interior da igrexa.

    Previous articleXuices honorarios 2012
    Next articleXuices honorarios 2014