Roberto González Pastoriza no camiño da Irmandade
O uso normalizado da nosa lingua propia en todos os ámbitos da vida social constitúe un signo visíbel da identidade colectiva. A lingua desempeña un papel central porque é unha estrutura que está presuposta na maior parte das outras estruturas da cultura sen estar presuposta por estas. A normalización da lingua galega é unha tarefa colectiva, una desafío para toda a sociedade galega, que debe ser afrontado solidariamente, cunha perspectiva integradora e non excluínte. A iso somos convocados pola Irmandade Xurídica Galega, invocando a memoria de homes como González Pastoriza e superando a concepción lacrimosa da historia (a lacrimous conception of history) da que falan certos profesores.
Xoaquín Monteagudo Romero
Presidente da Irmandade Xurídica Galega