“Un xuiz de lei” A Fermin Bouza Brey coñéceselle fundamentalmente polo seu intenso traballo no eido da etnografia. Tamén pola obra literaria, importante por ser un dos creadores, xunto con Álvaro Cunqueiro, da escola neotrovadoresca. Sen embargo, poucos son os que coñecen un aspecto fundamental da súa biografía relativo á profesión exercida de maxistrado. Foi Fermín Bouza Brey xurista recoñecido e xuíz de gran humanidade demostrada en momentos cruciais na historia de Galicia.
Por esta razón a Fundación Lois Peña Novo, preocupada por salientar o papel sobranceiro que tiveron algúns funcionarios públicos, quixo render homenaxe a un home que simultaneou a súa actividade profesional co da reivindiación da nosa cultura.
Fermín Bouza Brey, que padeceu persecución política por ese compromiso con Galicia, foi arredado da xudicatura inxustamente, argallando os seus detratores a difamación disfrazada na causa que se lle instruíu.
Fermín Bouza Brey foi un ardente defensor da utilización da lingua galega nos procedementos procesuais, sempre adiada, e que hoxe ten nas novas fornadas de xuíces e xuizas continuadores e valedores.