Carlos Guitián, galeguista insobornable.

    O doutor D. Carlos Guitián foi un destacado médico ourensán que desenvolveu unha longa vida profesional como xefe do departamento de uroloxía do Hospital Provincial durante 45 anos, e tamén na súa consulta privada. Pioneiro na súa especialidade, desenvolveu nos anos sesenta unha técnica innovadora para tratar as enfermidades de próstata. Porén, o verdadeiro recoñecemento da Irmandade da Sanidade Galega débese ao seu profundo compromiso con Galicia e coa lingua galega. En tempos oscuros da ditadura franquista, cando o galego estaba maltratado e prohibido, Guitián foi o primeiro médico en escribir receitas e historias clínicas na nosa lingua. Membro do Partido Comunista, mantivo relacións con ilustres galeguistas como Ferro Couselo, Vázquez Monxardín, Salvador Rei, Otero Pedrayo e Blanco Amor. Este documental rememora a súa figura, destacando a súa contribución médica e o seu compromiso insobornable coa causa da galeguidade.

    Previous articleLuís Soto, discurso para un país.
    Next articleDocumental “A Intelixencia Educadora” en homenaxe a Xosé Manuel Rodríguez-Abella.