
Navegación de busca e vistas de eventos
Decembro 2019
95º aniversario do 1ª Congreso de Economía de Lugo
Día da Galeguidade Empresarial dedicado ao empresario Antonio Fernández López. Descuberta dun busto nas inmediacións da Facultade de Dirección de Empresas e xornada académica coa participación de coñecidos empresarios.
Máis información »Acto de investidura de galeguismo empresarial en “Rodríguez López Auto”
É unha empresa radicada no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, en Ourense, dedicada á carrozaxe de vehículos para ambulancias - civís e militares-, clínicas e laboratorios móbiles, furgonetas policiais e de transporte adaptado. O seu director-xerente, don Enrique Rodríguez Jorge, manifestoulle ao presidente do Foro E.Peinador a inmediata galeguización da empresa, que será dada a coñecer o vindeiro día 13 de decembro nun acto de investidura de galeguismo empresarial, que se celebrará nas instalacións da fábrica.
Máis información »