É unha empresa radicada no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, en Ourense, dedicada á carrozaxe de vehículos para ambulancias – civís e militares-, clínicas e laboratorios móbiles, furgonetas policiais e de transporte adaptado.
O seu director-xerente, don Enrique Rodríguez Jorge, manifestoulle ao presidente do Foro E.Peinador a inmediata galeguización da empresa, que será dada a coñecer o vindeiro día 13 de decembro nun acto de investidura de galeguismo empresarial, que se celebrará nas instalacións da fábrica.