A LINGUA, EMPRESA COMÚN

    Encontro Foro Peinado 10/06/2015

    Celebrouse no Pazo de Lestrobe un novo Encontro do Foro E. Peinador, que desta volta contou cun invitado especial, o Sr. Conselleiro de Cultura, Educación e O.Universitaria, don Román Rodríguez González, que estivo acompañado polo Secretario Xeral de Política Lingüística, don Valentín García Gómez.
    Participaron no debate unha vintena de empresarios que lle expuxeron ao Sr.Conselleiro os obxectivos que a curto prazo quere poñer en marcha o Foro coa colaboración institucional: Egatel, Itelsis, Feiraco, Progando, Apetamcor, Arumia, estaleiros Nodosa e J.Valiñas, Clúster do Naval, Grupo Pousadas de Compostela, Grupo Academia Postal, Aguas de Mondariz, Redegal e Granitos Maceiras.
    O Sr. Conselleiro foi informado dos actos que o Foro E. Peinador pretende levar a cabo con motivo do Día da Galeguidade Empresarial que este ano estará dedicado a Enrique Peinador Línes, coñecido empresario militante da causa galega.

    Previous articleEncontro en Lestrove
    Next articleTECER O DIÁLOGO ENTRE A IDENTIDADE E EMPRESA