Parladoiro “En galego, agora e sempre”

    En Galicia está moi arrizada a cultura da morte. No Día de Defuntos énchense os camposantos de xentes para renderen homenaxe á memoria dos seres queridos. Unha tradición que debería ser dedicada á restitución da cultura e idioma de todos os que nos precederon. Porque se Galicia segue a ter aínda hoxe cultura e lingua de seu, débeselle aos millóns de galegos e galegas que viviron, cantaron, amaron e choraron na nosa lingua. Urxe, xa que logo, restituír a memoria colectiva, e a mellor maneira de facelo é substituindo as lápidas en castelán por outras en galego. O seu legado cultural é merecente de tal homenaxe. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia está a promover diversos actos en colaboración con varios concellos galegos para levar adiante este proceso.

    Previous articleABRIL TODO O ANO, EN GALEGO
    Next articleIGREXA GALEGA

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here