MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA CON “TREIXADURA”

    Que mellores embaixadores para levar por Galicia adiante esta nova edición das “Mil festas máis para a lingua galega” que Treixadura? O seu galeguismo musical – estético e de dignificación do cancioneiro popular- é un modelo a imitar, como no seu día foi o exemplo de Xoán Montes, Pascual Veiga, os grandes compositores que tivo o noso País, ou Perfecto Feijóo, o iniciador da escola orfeonistica que en Galicia tivo tanto predicamento nas sociedades culturais e recreativas do primeiro terzo do século XX. “Treixadura” será homenaxeado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia nun acto que se celebrará o próximo día 20 ás 20:00 horas no auditorio municipal de Vilagarcia que inclúe un concerto deste grupo musical. Entrada de balde.

    Previous articleEU ETIQUETADOS EN GALEGO
    Next articleEu etiquetados en galego e ti?

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here