A economía galega e a nosa lingua deben ir da man. Os consumidores poden facer posible este desexo.O seu poder é grande. Abonda con que sexamos consumidores responsables e solidarios cos produtos galegos e coas marcas que etiquetan no noso idioma. Non abonda con manifestarmos a nosa galeguidade en datas sinaladas do calendario; cómpre que nos actos cotiás practiquemos ese necesario galeguismo de proximidade. Fagamos noso o lema desta campaña: EU ETIQUETADOS EN GALEGO.