Mil festas máis para a lingua galega 2019

    Tres mil oitocentas parroquias, con cadanseu patrón e patroa.Máis de seiscentas festas gastronómicas. Posiblemente, outras cen de recreación histórica. Tantas festas de carácter municipal como concellos ten Galicia. E todo isto sen contar as festas do entroido. Sumadas todas poden dar un total de oito mil festas no ano. Para a organizalas invístense cífras astronómicas de millóns de euros. Tantos que dan para manter a máis de trescentas orquestras e bandas de música que dan traballo a tres mil cincocentos músicos.

    As festas, hai cincuenta, sesenta ou setenta anos, eran ben desemellantes ás que se organizaron agora. Co paso do tempo as orquestras foron botando literalmente dos palcos da músicas aos grupos tradicinais e mesmo ás bandas de música. A emigración europea trouxo cartos, pero tamén novas maneiras de entender o lecer. É aí cando as festas van perdendo o seu carácter identitario e dan paso ao espectáculo, onde público deixa de participar e faise espectador pasivo. A lingua na que se expresan as orquestras convértese no idioma da modernidade, un andazo desgaleguizador.

    Os últimos cincuenta anos as festas foron pasto dos chamados axentes artísticos e de modalidades importadas, que arrombaron os elementos singulares que ata entón formaban parte do escenario festivo. A desfeita antropolóxica non fixera máis que principiar.

    A partir dos anos setenta seguíu a mesma tónica na que se ían esluíndo os nosos sinais de identidade. Perona década do oitenta xorde, por primeira vez, unha iniciativa orixinal que procuraba coas súas propostas recuperar os espazos lúdicos para as nosas referencias culturais. A campaña das “Mil festas máis para a liungua galega”, fomentada pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, chamaba ás comisións de festas a reconduciren o modelo de festa, galeguizándoas. O programa era simple: respeto polos nosos sinais de identidade –lingua,bandeira e himno-; obrigar ás orquestras que o 20% do repertorio incluísen versións galegas de ritmos alleos; e aproveitar o ambiente festivo para amosar o patrimonio material e inmaterial da parroquia, sen descoidar a gastronomía propia do lugar, como fonte económica para os seus habitantes.

    “Mil festas máis para a lingua galega” apela á cidadanía, que é a que coas súas avinzas contribúe a manter os espazos festivos, para que condicionen as súas contribucións económicas a que a comisión organizadora das festas integre nelas o noso e desbote o alleo, polo seu escaso valor.

    Previous articleO noso, na nosa fala
    Next articleDía da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia 2019