Ramón Carballal Pernas “Ciencia xurídica e galeguismo”

    Ramón Carballal Pernas "Ciencia xurídica e galeguismo"
    Ramón Carballal Pernas “Ciencia xurídica e galeguismo”

    Ramón Carballal P. “Ciencia xurídica e galeguismo”

    Reconstruír a identidade. Velaí a tarefa que nos debe preocupar a todos. Galicia ten unha historia densa en feitos relevantes. Mais hai moitos aspectos aínda inéditos, agochados ou ignorados inxustamente. Podemos presumir de ter unha historia da literatura abondo sistematiza. Pero non podemos dicir o mesmo doutros ámbitos sociais. Tal é o caso do Dereito. A súa historiografía ten lagoas inmensas que lastran o coñecementos de moitísimos profesionais que teñen acreditados saberes relativos a outros países, pero pouquísimo sobre a ciencia xurídica galega, que son caldo de cultivos para moitos prexuízos lingüísticos.
    Velaí a importancia do labor que vén desenvolvendo a Irmandade Xurídica Galega: recuperar a densa tradición xurídica galega, e a de todos os prestixiosos profesionais do Dereito que afondaron na investigación e coñecemento das nosas xenuinas institucións xurídicas.
    Se botamos a vista atrás atoparemos a Francisco Somoza de Monsoriu, un xurista da ilustración galega no século XVIII.No seu discurso intitulado “Estorvos, i remedios de la Riqueza de Galicia” podemos atopar unha ardente defensa dos elementos –cultura e lingua- que defienen a nosa identidade. O seu exemplo e o doutros do seu tempo demóstrannos que temos unha historia e un discurso sólido para a defensa das nosas peculiaridades culturais, que deberían ser coñecidos polas novas fornadas de licenciados en dereito.
    A esta tarefa convocamos aos colexios profesionais de avogados, procuradores, rexistradores e notarios; aos directivos das escolas de prácticas xurídicas e ao profesorado das facultades de Dereitos das tres universidades galegas. Velaí está o reto que debemos afrontar todos para augurármoslle á lingua galega maiores espazos de uso.

    Valentín García Gómez
    Secretario Xeral de Política Lingüística

    Previous articleMil festas máis para a lingua galega
    Next articleConsumogustos