Xuices honorarios 2016

    Dúas foron as propostas que a Asociación de Amigos do Couto Mixto anunciou no decurso do acto de nomeamento dos Xuíces Honorarios: conseguir a declaración de Territorio Histórico e a dobre nacionalidade para os pobos arraianos. O acto comezou coa concentración de grupos de música tradicional, que este ano foron numerosos, que acompañaron á tradicional comitiva que se forma para chegar á igrexa de Santiago de Rubiás, percorrendo a rúa na que os veciños e veciñas adobiaron con cobertores e flores todas as casas e balcóns. Como vén sendo tradicional procedeuse á ofrenda floral perante o monumento da figura do derradeiro Xuíz do Couto Mixto, D. Modesto Delfín Brandón.
    Previous articleXuices honorarios 2015
    Next articleXuices honorarios 2017