Xuices Honorarios 2000

    Foi no 2000 cando se crean e se entregan os primeiros premios “Xuíces honorarios” do Couto Mixto, un premio que a Asociación de Amigos do Couto Mixto concede a persoas e/ou entidades que se teñan distinguido polo seu apoio, traballo e interese na recuperación da memoria deste singular espazo xeográfico.

    XOSÉ MANUEL CID FERNÁNDEZ

    XOSÉ MANUEL CID FERNÁNDEZ, Vicerrector da Universidade de Vigo, organizador do curso de verán sobre o Couto Mixto.

    BENTO DA CRUZ

    BENTO DA CRUZ, escritor, por ter recreado os ambientes xeográficos e históricos do Couto Mixto na súa obra literaria.

    UNIVERSIDADE DE TRAS-OS-MONTES E ALTO DOURO

    UNIVERSIDADE DE TRAS-OS-MONTES E ALTO DOURO, por ter convocado un curso académico para a divulgación do Couto Mixto e as relacións transfronteirizas.

    Next articleXuices Honorarios 2001