Xosé González Martínez ven de recibir o premio da Cultura Galega na modalidade de Lingua polo traballo, de toda unha vida, na defensa do uso do galego en diferentes ámbitos da sociedade coa finalidade de normalizar o seu uso. Motor do colectivo Galeguizar Galicia é o auténtido dinamizador de asociacións como a Irmandade Xurídica Galega, o Foro Enrique Peinador, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e outras asociacións ou entidades que engloba o colectivo. No programa ZigZag da TVG2 fixéronlle onte esta entrevista.
Home Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüistica