XESÚS TABOADA CHIVITE (1907-1976), naceu en Verín onde pasou a mior parte da súa vida. Dedicou os seus estudos etnográficos a afondar na identidade galega. O valor dos seus traballos feitos con rigor e amor, constitúen unha achega importantísima para coñecermos o imaxinario popular e as manifestacións das nosas tradicións. Taboada Chivite foi un sobe todo un etnógrafo de campo, dos que percorreu camiños, lugares e aldeas na procura das fontes da tradición oral e as pegadas das civilizacións que nos precederon.