Falando do Dereito

    Falando do Dereito
    Falando do Dereito

    UN SÍMBOLO PARA RECORDAR: A PRIMEIRA SENTENZA EN LINGUA GALEGA

    O 27 de marzo de 1985, a Sala do Contencioso-Administrativo da aínda daquela Audiencia Territorial da Coruña ditou a primeira sentenza en lingua galega da nosa historia xudicial.

    Aquel evento singular produciuse no contexto enmarcado pola instauración da autonomía de Galicia a través do Estatuto de 1981 e a aprobación da Lei de normalización lingüística de Galicia de xuño de 1983, que declaraban a oficialidade da lingua galega en todos os ámbitos da vida pública e, singularmente, para as corporacións locais do noso país e no seo dos procesos xudiciais.

    Porque eses son os dous ámbitos nos que aquela sentenza acada especificamente o seu valor simbólico: o das corporacións locais, porque o Concello de Redondela era parte no proceso no que se ditou aquela resolución e foi quen promoveu a súa elaboración en lingua galega; e os tribunais de xustiza, xa que a decisión procedía do seu órgano superior no territorio de Galicia.

    Débese recordar nese sentido o papel de vangarda que, desde a transición política ao réxime democrático, xogaron moitas das corporacións locais na materialización do galego como lingua administrativa e xurídica.

    Descargar libro

    Previous articleXosé Luís Franco Grande, o dono das palabras
    Next articleA MEMORIA DE PELÍCULA