Somos o País que máis núcleos de poboación temos de todo o Estado. Por esta razón Galicia ten millóns de topónimos, nomes que os nosos antecesores lles foron poñendo a pequenos anacos da terra. Nomes galegos,por suposto. Os máis dos galegos son donos de calquera deses anacos de terra. Mais acontece que as escrituras públicas desas propiedades están escritas en castelán. As imposicións de noutrora – prohibición de facer escrituras en galego- e as inercias daqueles tempo que aínda se manifestan hoxe, fixeron que os documentos públicos se sigan a escribir aínda hoxe en lingua distinta dos galegos. Os notarios non axudaron nada a que isto mudase. Pero don Victorino Gutiérrez Aller, que exerceu a profesión en Lalín, foi unha excepción na histórica dos catro últimos séculos. A el débese a galeguización dos protocolos notarias, que se contabilizan por milleiros. Agora que xa está xubilado querémos homenaxealo con esta entrevista realiza cando aínda tiña notaria na comarca do Deza.