Daniel Garcia Ramos, a forza da palabra

    Documental sobre a figura do maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Home dotado dunha espléndida intelixencia, que soubo utilizar coma ninguén para interpretar axeitadamente a norma xurídica, foi merecente de moitos recoñecementos públicos. Seu foi o mérito de celebrar a primeira vista oral do Tribunal Superior de Xustiza en lingua galega, sen descoidar a previsión legal de contar cun tradutor para non provocar indefensión xurídica das partes e testemuñas. Como teórico do dereito as súas achegas para a compilación do dereito civil galego, formando parte da comisión promovida polo Parlamento de Galicia, dan mostra dos moitos coñecementos que tiña das nosas institucións xurídicas. Foi un dinamizador brillante e eficaz do proceso de normalización lingüística, participando activamente en congresos e como conferenciante, sen esquecer os seus estudos xurídicos sobre o alcance da cooficialidade lingüística. García Ramos forma parte xa desa pléiade de xuristas galegos que alentaron a nosa identidade como pobo diferenciado, exercendo o seu maxisterio con fundamento científico e acendido verbo.
    Previous articlePalabras de lei
    Next articleCouto Mixto – Unha República Esquecida

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here