Couto Mixto – Unha República Esquecida

    Couto Mixto - Unha República Esquecida
    Couto Mixto – Unha República Esquecida

    Sobre unha entidade histórica tan peculiar como foi o Couto Mixto, pouco sabiamos. Referencias no dicionario de Madoz, das que botou man Vicente Risco para a súa colaboración na Enciclopedia de Carreras Candi, no tomo dedicado a Ourense, e nas atopou en autores raianos, tal é o caso de Joâo Gonçalves da Costa, na súa obra Montalegre e Terras de Barroso. Luís M. Grcía Mañá remexeu aquí e alá, nos arquivos galegos e nos de fóra, ata ir atopando retallos históricos que lle permitiron facer a radiografía exacta da historia dun territorio do que sabiamos moi pouco.

    Atopa García Mañá nas oríxes do Couto Mixto similitudes coas andorranas.

    “Couto Mixto.Unha república esquecida” (Edicións Xerais de Galicia.2005), é unha obra imprescindible para entendermos as relacións transfronteirizas entre Galicia e Portugal, e a existencia desta república abolida pola Lei de Lindes entre os dous reinos, en 1868.


    No tempo que vai desde a constitución da Asociación de Amigos do Couto Mixto a hoxe, viñemos realizando unha actividade continuada, ininterompida, que servíu para que aquela “República esquecida” sexa unha “República de soños”.  Petamos en tódalas portas e a todos lles pedimos colaboración para redescubrir unha historia ben singular. Aos poucos fomos retirando a frouma que cubría ese período longo de tempo deses tres pobos arraianos coñecidos polos mixtos. Fixémolo con constancia ae tempero. Velaí están os resultados: milleiros de páxinas escritas sobre o Couto Mixto, -publicacións, documentais, reportaxes de prensa…-, traballos de reacondicionamento do vello Camiño Privilexiado, as iniciativas lexislativas dos parlamentos de Galicia, Europa e Congreso dos Deputados, cursos convocados polas universidades galegas e portuguesas e, sobre todo, a emoción que fomos capaces de contaxiar a milleiros de galegos e galegas.

    No meu libro “Couto Mixto. Unha república esquecida”, digo que o mito desa república é unha realidade na literatura creativa galega.  Pero é moito máis: é unha realidade territorial histórica para a que olla toda Galicia con admiración. Agora quédanos seguir traballando para que as institucións públicas argallen proxectos cobizosos que fagan destas terras arraianas un mundo habitable e cómodo, para que os seus moradores poidan disfrutar dos mesmos servizos e benestar social que teñen outros pobos.

    O “Xuíces Honorarios” que vímos de nomear este ano son un expoñente das moitas esperanzas que temos postas na reconstrución da historia, que simboliza o monumento erixido a Delfín Modesto Brandón, e no futuro das súas xentes.

    Luís García Mañá –Pte. Asociación Amigos do Couto Mixto-

    Previous articleDaniel Garcia Ramos, a forza da palabra
    Next articleDicionario de funcionarios escritores en galego.

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here