Álvaro G(X)il Varela

    O Foro Enrique Peinador, entidade que desde hai anos traballa na recuperación da memoria esquecida de moitos persoeiros que deixaron un fondo legado galeguista, encargoulle unha vez máis ao historiador Ricardo Gurriarán un traballo de investigación co obxectivo de sacar á luz a figura do empresario galeguista Álvaro Gil Varela, personalidade clave na relación entre empresa, economía e identidade galega. O resultado é o libro Álvaro G(X)il Varela, no luscofusco, unha biografía rigorosa que reflicte a vocación de Ricardo Gurriarán por rescatar do esquecemento persoas “tapadas ou agachadas” da nosa historia como el mesmo indica.  A obra foi presentada en Lugo o 29 de outubro de 2025 nos actos conmemorativos do centenario do I Congreso de Economía de Galicia, nun acto promovido polo Foro Enrique Peinador xunto con outras entidades e administracións. O libro pode descargarse de balde como mostra do compromiso do Foro Peinador coa difusión da memoria e do pensamento económico galeguista.

    Descargar libro

    Previous articleDocumental “A Intelixencia Educadora” en homenaxe a Xosé Manuel Rodríguez-Abella.