A normalización da lingua galega no ámbito do C.S.P.

    A normalización da lingua galega no ámbito do C.S.P.
    A normalización da lingua galega no ámbito do C.S.P.

    A cooficialidade lingüística seguíu en Galicia camiños ensarillados e ben desiguais, mesmo con lagoas que evidenciaban excepcións ao principio constitucional que lexitimaba aos cidadáns no uso da lingua galega calquera que fose a Administración pública na que tivesen que resolver algún asunto. Este era o caso da Policía. Existía, ademais, un prexuízo lingüístico que consistía en identificar autoridade con idioma castelán. Prexuízo moi contraditorio, porque os policías entre si adoitan falar en galego, pero na relación cos cidadáns facíano en castelán, por ese mal entendido “principio de autoridade” identificado con un dos dous idiomas cooficiais.

    Para resolver este problema a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística iniciou conversas a distintos niveis: un primeiro nivel, cos xefes do Corpo Nacional de Policía, para intentar que o mando aclarase a través de ordes ou circulares dirixidas aos funcionarios policiais o alcance da cooficialidade lingüística na relación cos cidadáns; e , outro, cos representantes sindicais para que os respectivos sindicatos contribuísen a asumir o feito lingüístico e aceptaren as consecuencias derivadas da cooficialidade. A proposta foi recollida de moi bo agrado polos dirixentes dos varios sindicatos policiais, que se ofreceron para asinaren unha declaración que foi amplamente difundida entre os policias en Galicia.

    Previous articleConversas no Ribeiro “O Viño”
    Next articleManifesto U.C.R.A.

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here