A MEMORIA DE PELÍCULA

    O Couto Mixto é unha terra viva, que ten na historia os seus mellores capítulos. A literatura e a poesía preocupouse dela, dedicandolle fermosas páxinas. A súa historia a píques estivo de ser lenda.Mais a Asociación de Amigos do Couto Mixto nun denodado esforzo  impedíuno.  Hoxe é unha referencia relevante na historia da fronteira galego-portuguesa.A súa estrutura xurídico-política, as vivencias dunha colectividade humana distintas das outras coas que convivía, amais de estaren recollidas nos relatos históricos e na literatura tamén está no cinema, esa arte amable que ten o seu peculiar estilo de contar a historia; desta volta grazas á Produtora Nós e TVG.

    Previous articleFalando do Dereito
    Next articleMiño, o río das letras