A Fala dos viños 2008

    A Fala dos viños 2008
    A Fala dos viños 2008

    O viño é, sen dúbida, o produto máis identificado con cadansúa terra e paisaxe. É dificil disociar o champán de Francia ou o whisky de Irlanda, por exemplo. Calquera sabe que se estas dúas bebidas veñen etiquetadas debidamente, isto é, nas respectivas linguas de orixe, ofrecen máis garantías aos consumidores. O mesmo podemos predicar dos viños portugueses do Douro ou do Dâo.

    A galeguización dos viños galego supón un plus na denominación de oríxe. Etiquetar os nosos viños en lingua galega é unha maneira de reforzar a autenticidade das súas oríxes. É, ademais, unha maneira de proxectar no mundo a nosa cultura e lingua. De aí que este libro sexa o resultado dese empeño por universalizar a lingua galega a través dun produto tan característico como o viño.

    “A fala dos viños. Antoloxía dos viños etiquetados en galego”, é unha publicación editada pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística coa colaboración da Consellería de Medio Rural e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que recolle máis de un cento de marcas de viños etiquetados no nosos idioma.

     

    Descargar

    Previous articleOrencio Pérez González – A vocación galeguista dun xuiz
    Next articleMemoria Foro

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here