Premios Lois Peña Novo 2008

    Premios Lois Peña Novo 2008

    O día 26 de xuño, xoves derradeiro do mes como tódolos anos, foron entregados os premios Lois Peña Novo que na súa XIV edición recairon sobre D. Xesús Ferro Ruibal, Académico da R.A.G. e escritor; D. Manuel Pereira Costas, Maxistrado do Xulgado de violencia contra a muller de Vigo e no Concello de Vilar de Santos.
    Eran as 19.30 horas dunha calurosa tarde de verán cando as notas musicais do Grupo Caramuxo, un cuarteto de música tradicional que rachou coas ataduras impostas nos seus anos de aprendizaxe no conservatorio para reinterpretar a música popular, deu inicio ao acto de entrega dos premios.

    Premios Lois Peña Novo 2008

    A Fundación Lois Peña Novo, que leva varios anos homenaxeando a figuras senlleiras da vida administrativa no acto central da súa actividade, fixoo este ano con Fermín Bouza Brey, intelectual sobranceiro pero tamén funcionario da carreira xudicial profundamente comprometido con Galicia, coa súa lingua e coa xustiza. Para tal ocasión elaborouse un documental sobre a súa vida e obra e editouse o opúsculo, Fermín Bouza Brey: un xuíz de lei, que recolle algunhas aportacións xurídicas deste autor.

    Premios Lois Peña Novo 2008

    A súa filla, Dª. Isabel Bouza Álvarez participou no acto dirixindo unhas palabras ao numeroso público asistente, entre o que cabe destacar a presenza de D. Luís García Mañá, Xefe Superior de Policía de Galicia; D. Gonzalo Navaza Blanco, que fixo unha avaliación dos méritos dos premiados; D. Xosé Carballido Presas, Director Xeral de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia; D. Xosé Carlos Sierra, Delegado Provincial da Consellería de Cultura en Ourense; D. Xosé A. Jardón, Delegado Provincial da Consellería de Industria en Ourense; Dª. Carmen Larriba García, Delegada Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Pontevedra; D. Camilo Ocampo, Subdelegado do Goberno en Ourense; D. Juan Francisco Froján Fontán, Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra; D. Ángel Barrera, Comisario do CNP de Ourense, etc…

    Premios Lois Peña Novo 2008

    A presidencia do acto estivo conformada por D. Carlos Varela García, Fiscal Superior de Galicia que lle fixo entrega do premio ao alcalde do Concello de Vilar de Santos, D. Xosé Xoán Jardón Pedras; Dª Marisol López, Secretaria Xeral de Política Lingüística que fixo entrega do premio a D. Xesús Ferro Ruibal; D. Xosé González Martínez, Presidente da Fundación Lois Peña Novo; D. Demetrio Fernández López, Presidente do Consello Galego de Relacións Laborais; D. José Juan Durán Hermida, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra que lle entregou o premio a D. Manuel Pereira Costas e D. Agustín Reguera, Alcalde do Concello de Soutomaior.
    Ao remate do acto e baixo as árbores centenarias dos xardíns do Castelo todos os asistentes compartimos unha copa de bo viño etiquetado en galego, brindando un ano máis pola saúde da nosa lingua.

    Previous articlePremios Lois Peña Novo 2007
    Next articlePremios Lois Peña Novo 2009