Premios Lois Peña Novo 1995

    Premios Lois Peña Novo 1995

    Reunidos no salón de sesións da Casa do Concello de Redondela o día 30 de maio de mil novecentos noventa e cinco os membros do xurado PREMIOS LOIS PEÑA NOVO, integrado por D. Francisco Fernández del Riego, D. Daniel García Ramos, D. Xoaquín Monteagudo Romero, D. Benigno Sánchez García e actuando  como secretaria Dª. Carmen Pérez Vaquero, logo de deliberaren sobre as propostas seleccionadas, acordan outorgar os premios Peña Novo nesta primeira edición a:

    ÓS MEMBROS DA POLICÍA LOCAL DE MOAÑA que veñen desenvolvendo en galego, dende o ano 1983, as tarefas propias da súa función, tanto a nivel interno como nas relacións cos cidadáns e co resto das administracións públicas (xulgado, audiencias e o resto das policías), nun eido tan sinalado coma é o policial. O seu exemplo constitúe un modelo de actuación para tódalas forzas de orde pública que actúen Galicia.

    Ó COLECTIVO DE PERSOAL DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR que dende o ano 1979 fixo do galego a lingua de uso normal nas tarefas administrativas, adiantándose ás disposicións legais que consagraron a súa oficialidade. Considera o xurado que o labor deste colectivo serve de exemplo para outras administracións locais galegas.

    A DON XERMÁN GARCÍA CANCELA E DON CARLOS DÍAZ ABRAIRA, autores do MANUAL DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA, editado pola Escola Galega de Administración Pública Galega, polo que ten de transcendente para a fixación dunha linguaxe administrativa moderna galega e como instrumento imprescindible no proceso de formación dos funcionarios no uso do noso idioma.

    Ó COLECTIVO DE FUNCIONARIOS DO XULGADO DO SOCIAL NÚMERO 2 DE PONTEVEDRA, pola continuidade initerrompida, dende o ano 1989, do uso da lingua galega nas actividades xurisdiccionais nun ámbito de tanta importancia como é o laboral, malia os cambios persoais rexistrados na oficina xudicial e no órgano xurisdiccional.

    Ó COLECTIVO DE FUNCIONARIOS DO XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO 5 DE VIGO, polo uso continuado e público da lingua galega na xurisdicción penal e especificamente no xuizo oral, co que iso supón de estímulo para o resto dos xulgados, profesionais do dereito e os propios cidadáns nunha das grandes cidades de Galicia.

    Premios Lois Peña Novo 1995
    Next articlePremios Lois Peña Novo 1996

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here