O acto está previsto para este martes 3 de xullo ás 20h. no Liceo de Ourense
Santiago, Rubiás e Meaus (actualmente na provincia de Ourense) eran as aldeas que formaban o Couto Mixto, un enclave histórico na zona fronteiriza entre Galicia e Portugal que funcionou como independente durante sete séculos e con determinados privilexios.
Nesta república case esquecida céntrase o novo libro do estudoso José Rodríguez Cruz, natural da Gudiña. Leva por título “O Couto Mixto. Aspectos folclóricos” e presentarase o 3 de xullo ás 20h. no Liceo de Ourense. Neste acto participarán Xosé González Martínez, Xosé Manuel Cid e Luis M. García Mañá, xuíces honorarios do Couto Mixto.
Trátase dun ensaio de preto de cen páxinas editado por Laiovento.