Descubriuse unha placa no lugar onde antigamente estaba ubicada a súa consulta na vila.
Co lema “Compromiso e galeguidade”, a Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) en colaboración co Concello do Barzo organizaba un acto de lembranza e recoñecemento á figura de Gonzalo Gurriarán. O programa comezaba no mediodía do 22 de marzo co descubrimento dunha placa na avenida Manuel Quiroga, no lugar onde antigamente estaba a consulta deste médico valdeorrés.
De seguido, xa no edificio multiusos do Barco, abordábase a súa faciana de médico, investigador, deportista e defensor do medio ambiente cunha serie de intervencións que correron a cargo de Roberto Fernández, médico de familia e estudoso da medicina rural, e de Ricardo Gurriarán, historiador e fillo do facultativo homenaxeado.
A homenaxe tivo un broche musical a cargo do dúo de piano e gaita do Conservatorio do Barco.