Gogue é un humorista de xenial retranca. As súas tíras publicadas a cotío no Faro de Vigo revelan a antropoloxía que o caracteriza. Nelas debulla coa precisión de ciruxán a identidade galega valéndose da sabedoría popular representada polo personaxe que creou e ao que lle deu expresividade, Floreano. Home do rural sempre coa pucha na cabeza na que aniña unha filosofía moi nosa, de peculiar nidieza rotundidade.
Desta volta, Floreano e o seu inseparable abade, reflexionan sobre a inculturización da teoloxía.
Ai, se os moitos cregos que o seguen a cotío se decidisen a consagraren na misa con viños etiquetados en galego das denominacións de orixe! Daquela, estaríanlle prestando apoio á economía e á lingua galega, alentando aos galegos ao consumo galeguizado.
O Foro E. Peinador – Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros agradécelle a Gogue esta tira publicada o pasado día 26 de xullo.