NAS AUGAS DA GALEGUIDADE

NAS AUGAS DA GALEGUIDADE

Co cambio do accionariado, os novos dirixentes de NUEVA PESCANOVA apostan por unha empresa inculturizada no país. O presidente do Foro E. Peinador e mailo Secretario Xeral de Política Lingüística mantiveron días atrás unha entrevista co conselleiro delegado desta multinacional para acordaren a incorporación da lingua galega a algunhas actividades da empresa. Abríuse unha porta que estivo pechada durante moitas décadas á identidade cultural galega. No vindeiro  mes de novembro celebrarase na factoría de Chapela un acto de investidura de galeguidade empresarial. Estamos no certo ao afirmar que ese acto motivará a outras empresas a deixar atrás vellos prexuízos lingüísticos e serguiren o exemplo.

Previous articleO HUMOR COMO PEDAGOXÍA
Next articleGalicia Confidencial – A calculadora inventouna un galego