Lingua.gal – XXVII Premios de Publicidade en Galego

XXVII Premios de Publicidade en Galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador convocan a XXVII edición dos Premios de Publicidade en Galego​

Con base no acordo conxunto do Parlamento de Galicia, o Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca, con periodicidade anual, os Premios de Publicidade en Galego, co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico e do Plan xeral de normalización da lingua galega.

Premios

Establécense cinco premios, un por cada unha das seguintes categorías, segundo o medio de difusión: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos.

Para cada categoría, agás para a especialidade educativa, haberá dúas modalidades de premio, de xeito que, polos traballos que resulten galardoados, recibirán cadanseu premio tanto a empresa anunciante como a axencia de publicidade.

Os premios consistirán na entrega dunha certificación e mais dunha obra artística.

O prazo de inscrición nesta convocatoria e, así mesmo, de presentación dos traballos que concorren aos premios remata o 30 de decembro de 2020.

 

Documentos relacionados

Previous articleGalicia Confidencial – De Castromil a Nueva Pescanova, os avances da lingua
Next articleGalicia digital – Publicidade en galego