La Voz de Galicia – O territorio do Couto Mixto é un espazo único en Galicia

O director xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez, (Silleda, 1970) será investido este sábado, día 1 de xullo, como novo xuíz honorario do Couto Mixto nun acto no que tamén recibirán este recoñecemento o xerente de Expourense, Alejandro Rubín e a Eurocidade Salvaterra do Miño-Monçao. A asociación de amigos da antiga Andorra galega, destaca os méritos de García como impulsor da lingua e da cultura do país. O acto desta fin de semana na igrexa de Santiago de Rubiás, en Calvos de Randín, onde se garda a arca cos textos e documentos do Couto, contará coa presenza da cantante portuguesa María do Ceo o do grupo de música clásica Kalekol. A asociación cambiará nestas xornadas de presidente tralo abandono de Carlos Varela.

 

-Como recibe vostede este recoñecemento?

-Cunha gran alegría. Foi unha sorpresa moi agradable. Entereime por un escrito oficial, curiosamente. Hai moito tempo que coñecín a historia do Couto Mixto e sempre me pareceu un lugar emblemático,  moi romántico. É un espazo único en Galicia, moi peculiar, xa que non existe outro caso parecido na nosa terra. Hai anos que vou alí.

Previous articleLa Region – Homenaxe ao doutor Carlos Guitián
Next articleLa Voz de Galicia – Cita na república dos soños