La Voz de Galicia – Móvete insta ao Concello a asinar o seu compromiso para galeguizar a xustiza

O pasado 14 de xaneiro no Pazo da Deputación en Pontevedra realizouse un acto onde unha grande parte dos concellos da provincia asinaron unha declaración e compromiso para continuar contribuíndo á normalización do uso oral e escrito do galego como lingua do dereito, das relacións xurídicas e dos procesos xudiciais nos que interveñan as corporacións municipais. O que se pretende, entre outras cuestións, é que cando un concello contrate a un avogado ou procurador, estes profesionais usen o galego no ámbito escrito e no oral.

O acordo foi promovido pola Irmandade Xurídica Galega, a Deputación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Ao acto asistiu o concelleiro de Móvete, Iván Sanmartín, como membro da Irmandade Xurídica Galega. Outros alcaldes da contorna asistiron á cita —como o rexedor de Lalín, Xosé Crespo— ou enviaron mensaxes manifestando a intención de asinar o compromiso —como a alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel—. O Concello da Estrada, en cambio, non asinou o compromiso nin comunicou a intención de facelo. Móvete presenta unha moción instando ao Concello a facelo.

Previous articleLa Voz de Galicia – Máis dunha trintena de concellos da provincia firman a Declaración de Pontevedra
Next articleGalicia Digital – Sentenzas xudiciais en galego a instancia de parte