Armando González e Diana Gonçalves tamén serán recoñecidos no acto de Calvos de Randín
Día 2 de xullo • 12.00 horas • Santiago de Rubiás (Calvos de Randín)
A Asociación de Amigos do Couto Mixto recupera o seu encontro anual no territorio que lle dá nome para nomear a novos xuíces honorarios. Nesta ocasión accederán á condición de tales Consuelo Castro Rei, avogada xeral do Estado; Armando Gonzбlez Lуpez, médico; e Diana Gonзalves, directora de cine. A ourensá Consuelo Castro foi a encargada de representar ao Estado no acto simbólico da entrega das chaves do pazo de Meirás en decembro do 2020. Armando González é, entre outras cousas, autor de moitas das letras das cancións de María do Ceo, que actuará no acto do 2 de xullo.