O parque das Triguerizas de Celanova luce orgulloso dende este sábado un monumento que homenaxea a figura do galeguista Pepe Velo. Ao acto organizado para descubrir o busto, obra do escultor José Morales, non faltaron autoridades, veciños e familiares do celanovés, que quixeron recordalo con especial admiración.
A cita contou coa intervención musical do grupo de gaitas O gaiteiro de Penalta, que puxo a nota musical ao recoñecemento. Tamén o alcalde de Celanova, Antonio Puga, aproveitou para dicir unhas palabras sobre a importancia de Pepe Velo na historia de Galicia.