
O vindeiro sábado 12 de abril celebrase no salón de actos do colexio de Soutelo de Montes unha homenaxe a Avelino Cachafeiro enmarcado no día da Restauración da Memoria Lingüística (17.00 horas). Haberá intervencións de expertos na súa biografía e actuacións de música tradicional co fin de resaltar a importancia da súa figura. Ao rematar procederán a substituír a súa lápida, en castelán, por outra cun epitafio en galego, idioma no que sempre se expresou.