La Voz de Galicia – A sanidade lembra ao oftalmólogo Antón Beiras

Descubriuse unha placa no edificio que acolleu a súa consulta en Vigo
A Irmandade da Sanidade Galega (Isaga) e o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra rendieron homenaxe ao oftalmólogo Antón Beiras, descubrindo unha placa na fachada do edificio onde tivo a súa consulta, no número 22 da rúa Policarpo Sanz de Vigo. O acto estivo presidido pola viuva do homenaxeado, Antía Cal, o secretario de Normalización Lingüítica, Valentín García, e os responsables das entidades convocantes. Xosé Manuel Beiras, sobriño de Antón Beiras, estivo presente no acto. Tras o descubrimento da placa, tivo lugar un acto de lembranza no Centro Social Caixanova, conducido por Carme Pérez Vaquero, da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. No acto participaron Luís Campos Villarino, presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra; Amaia Izaguirre Urquizu, médica; Xesús Alonso Montero, historiador; Ricardo Gurriarán, historiador; Xosé Manuel Beiras, político e sobriño do homenaxeado; e Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística. Antón Beiras naceu en Santiago de Compostela e desenvolveu a súa carreira profesional, con moito éxito, na cidade de Vigo ata a súa morte a finais dos anos sesenta. A maior aportación profesional de Beira foi o Vigoscopio, un aparello que correxía o estrabismo.

Previous articleLa Voz de Galicia – Antón Beiras na memoria e no corazón
Next articleAtlantico – Homenaxe ao médico pioneiro na defensa do idioma galego