Galicia confidencial – A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística denuncia o “desinterese” de Facenda polo galego

en galego é lóxico
en galego é lóxico

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (ANFL) denunciou este sábado o “desinterese” da Axencia Tributaria polo idioma galego, xa que a opción en lingua galega na aplicación informática para presentar a declaración da renda “presenta varios erros ortográficos e gramaticales”. “Expresa o desinterese por parte do organismo estatal de repasar e reparar os erros”, di.

Así mesmo, a asociación explicou que se a opción en castelán presentase un número igual de faltas gramaticales sería corrixida rapidamente e solicitaríanse desculpas. No entanto, indicaron que no caso do galego “non hai ningún intento de corrección”.

“A nula oferta de cursos de linguaxe administrativa en galego para os funcionarios do Estado, o costume asentado do uso do tradutor, a falta de revisión por parte de persoas formadas en lingua galega ou a desconsideración das autoridades competentes tras varias denuncias presentadas en ocasións anteriores ante os órganos do Estado son algunhas das causas que explican esta denuncia da AFNL e a existencia dunha clara desigualdade no tratamento das linguas”, lamentou.

Neste sentido, a asociación presentou unha queixa ante o Consello de Defensa do Contribuínte para solucionar estas circunstancias. Para a ANFL, a Administración “ten que dar un servizo de calidade” e indicou que o cumprimento da norma “é un dos fundamentos centrais da súa existencia”.

Previous articleGalicia en vinos – O vermú que “grita” a súa orixe ao mundo
Next articleEl Progreso – Irmandade Xurídica Galega