Actualmente, era o secretario xeral da Dirección Xeral de Infraestruturas e Material de Seguridade do Estado. Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e experto en Dereito Internacional Humanitario da Cruz Roja Española, foi coñecida a súa intervención no caso da morte do cámara José Couso no Iraq, reclamándolle ao xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz a apertura dunha investigación.
É autor de varias publicacións -’Policía y Sociedad’, ‘La protección de los periodistas en caso de conflicto armado’e asiduo participante en foros internacionais. Gonzalo Jar participou en varios proxectos da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
A Asociación de Amigos do Couto Mixto nomeou ao xeneral Jar xuíz honorario e membro da asociación, pola que sentía simpatías dende hai tempo. En decembro de 2008, participou na Casa de Galicia en Madrid no acto de presentación da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
O xeneral seguía con moito interese as actividades do Foro E. Peinador, que lle solicitara a súa participación para a galeguización da empresa de autocares ‘Travibus Noroeste’.