A XII asemblea da Irmandade Xurídica Galega quere render este ano un recoñecemento postreiro a quen fora secretario xeral da Deputación de Pontevedra e primeiro Oficial Maior do Parlamento de Galicia, Xosé Fariña Jamardo. Jamardo foi autor dunha prolixa produción literaria e traballos de investigación, salientando “A personalidade da parroquia galega”, polo que ten de importancia o feito de que esta entidade territorial sempre tivo personalidade de seu na historia de Galicia. De feito, o Estatuto de Autonomía recoñece a súa personalidade xurídica, aínda que, desde a súa constitución, o Parlamento de Galicia non promulgou ningunha lei que a recoñeza e lles atribúa competencias. Un feito que no país veciño se recoñece ben grazas á Lei das Autarquías Locais recoñece na figura das Xuntas de Freguesías. Este venres, a Irmandade Xurídica Galega, Concello de Caldas e Parlamento de Galicia, honrarán a Fariña Jamardo na súa vila natal, coa celebración dunha mesa redonda e a descuberta dun monolito. O acto comezarán ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.
Home Irmandade Xurídica Galega