O xurado da XllI edición dos premios Bacelos de Prata, que organiza a Asociación Álvaro dás Casas, nesta edición por primeira vez concede dúas mencións honoríficas, unha no apartado de produtos agro alimentarios, ao Pan de Cea, e outro no de viño, á Estación de viticultura e enoloxía de Galicia -EVEGA, situada en Leiro.
E os Bacelos de Prata este ano recaen na Queixeiras Bama, S.L., situada na parroquia de Bama, en Touro (A Coruña) con máis de 30 anos de traballo e tradición familiar, e a Adega Solaina Minel, S.L., en Castrelo de Miño, que recuperou un espazo vitícola practicamente abandonado, de centos de parcelas, converténdoo nunha única viña dunhas 30 hectáreas, a máis grande do Ribeiro.