A Irmandade Xurídica Galega, o Concello de Caldas e o Parlamento de Galicia, honrarán nunha homenaxe ao escritor Fariña Jamardo na súa vila natal, coa celebración hoxe dunha mesa redonda e a descuberta dun monolito na rúa dos PP. Pasionistas. O acto dará comezo ás 20 horas no Auditorio Municipal para despois desplazarse ao lugar onde irá colocado a obra de pedra.
No acto estará presente o deputado provincial Carlos Font, que participará na mesa redonda xunto con Xoaquín Monteagudo, presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xesús Costas Abreu, asesor xurídico do Concello de Vigo e estudoso da obra de Fariña Jamardo, e o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey.
O monolito de pedra que se colocará en Caldas foi doado pola Deputación de Pontevedra a través da Escola de Canteiros que se encargou de preparala.
A Irmandade Xurídica Galega ven de celebrar en Pontevedra dou actos ben significativos para a lingua galega, a raíz de conmemorarse 30 anos da primeira sentencia en galego.