Teñen o pracer de convidalo/a ao acto da XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega que se celebrará o próximo día 22 de xuño (sábado) ás 12:30 horas da mañá no Salón do Pazo de Fonseca en Compostela na que se conmemorará o traballo profesional dun grupo de avogados e historiadores dirixido á reivindicación do patrimonio histórico galego en mans da familia Franco.
No transcurso da mesma entregaráselle a insignia de ouro da Irmandade Xurídica a D. Alberte Xullo Rodríguez Feixoo e formalizarán o seu ingreso novos irmandiños e irmandiñas comprometidos co uso do galego no ámbito xurídico.