Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Embutidos Lalinense galeguízase.

25 Maio, 2024 | 12:00 p.m. - 1:30 p.m.

Embutidos Lalinense é unha empresa de referencia no sector cárnico en Galicia. Os seus produtos etiquetados en galego pódense atopar nos grandes centros de comercialización alimentaria, por iso, o noso idioma ten nesta empresa unha valedora para a súa supervivencia e normalización. Embutidos Lalinense practica un galeguismo empresarial proactivo poñendo a disposición dos consumidores e consumidoras produtos de calidade referenciados en galego porque entende que preferir produtos de noso, con calidade e coa lingua como sinal identitaria é unha manifestación de galeguismo. A galeguización da economía debe ser un obxectivo prioritario de todos os galegos e galegas conscientes de que o uso do noso idioma en sectores onde non é prioritario é facer país.

Detalles

Data:
25 Maio, 2024
Hora:
12:00 p.m. - 1:30 p.m.
Categoría do Evento: